Allariz conmemora, o día 25 de novembro, o Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as mulleres. Con este motivo, a área de Igualdade, organiza varias charlas e obradoiros no Fogar dos Maiores.

Iniciaranse estas actividades o día 20  ás 16:00h co obradoiro “Quen ben che quere farache rir … seguro! para os alumnos e alumnas do IES de Allariz impartido pola técnica de igualdade do Concello de Allariz, Ana Pérez Cardoso; e pola tarde, ás 18:30h, o obradoiro “a intervención en crise, optimización e mellora dos recursos asistenciais á vítimas de violencia de xénero” facilitado pola psicóloga do Centro de información ás mulleres en Lalín, Teresa Rocha Blanco.

O día 23, pola mañá terá lugar a colocación da pancarta contra a violencia de xénero no balcón do Concello de Allariz e pola tarde, a sexóloga Almudena Herranz, modera a charla-coloquio, “A complicidade entre os sexos: un camiño para o cultivo de relacións amables”.

Para rematar, o día 26, celebrarase un xogo teatral “cando Valentina era mala” baseado nunha historia da novela “Aqueles días en que eramos malas” de Inma López Silva.

Inscrición previa para os obradoiros: Fogar dos Maiores no teléfono 988 554 059.