Allariz conmemora, o día 25 de novembro, o Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as mulleres. Con este motivo, a área de Igualdade, organiza varias charlas e obradoiros no Fogar dos Maiores.

Iniciaranse estas actividades o día 22  ás 17:30h co obradoiro para mulleres “Manual de primeiros coidados: corpo e bo trato” impartido pola técnica de igualdade e educadora familiar do concello de Allariz, Ana Pérez e Uxía Cordeiro. O día 24 terán lugar os “Diálogos Poéticos” coas mulleres da Asociación Silvardeira e o 25 lerase na Praza Maior unha declaración institucional e o manifesto de mulleres e alumnos do IES Allariz. Ese mesmo día, ás 18:30h, celebrarase unha mesa de coordinación para o Protocolo de actuación e ás 19:30h a avogada Victoria Diéquez moderará a charla-coloquio “Casuística na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero”.

Inscrición previa para os obradoiros: Fogar dos Maiores no teléfono 988 554 059.

programa-2016