O Concello de Allariz recibe tres desfibriladores para mellorar a capacidade de resposta en situación de emerxencia. A entrega tivo lugar esta mañá, na sede de PSA Peugeot Retail Orense, donante do material, e foi recollido polo tenente de Alcalde, Bernardo Varela e o coordinador de protección civil de Allariz, Miguel Ángel López.

A cidade deportiva do Seixo e a Asociación de Protección Civil de Allariz serán dúas das beneficiarias deste novo equipamento para atender emerxencias. “O terceiro equipo desfibrilador aínda está por decidir a súa localización”, explicaba o coordinador. Os equipos estarán repartidos no campo de fútbol e protección civil levará un deles no seu equipamento diario.

Protección civil mellorará a partir de agora a súa atención en eventos grazas a doazón da entidade concesionaria ourensá. A agrupación presta os seus servizos en eventos e festas, entre outras intervención, ás que agora acudirán dotados deste sistema que lles permitirá actuar en caso de que algunha persoa asistente sufra algún percance.