O Concello de Allariz presentou, xunto con Ecoembes e Ecovidro, os novos contedores que a través do convenio establecido coa Xunta de Galicia teñen feito entrega ao longo deste ano ao Concello de Allariz co obxectivo de mellorar  o servizo de separación de lixo.

Onte, Francisco García, Alcalde de Allariz e Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente; Victoria Núñez López, Xefe Territorial de la Xunta de Galicia en Ourense, Bruno de Llano, representante de Ecoembes en Galicia e o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández presentaron esta iniciativa mediante a que o  Concello de Allariz conta con 40 contedores máis de papel cartón e de recollida de envases  e 10 contedores de gran capacidade para o vidro.

Esta acción pon de manifesto o importante compromiso do Concello para seguir fomentando a reciclaxe concienciando á veciñanza sobre a importancia que ten para o medio separar o lixo e depositalo no contedor adecuado.

En Allariz, logo da implantación do programa RE, estase constatando un aumento na taxa de reciclaxe. A 30 de novembro, os veciños e veciñas depositaron no contedor amarelo 109.240 kg (109.060 kg en 2016),  106.840 de papel-cartón (98.680 kg en 2016) e 186.730 de vidro (188.960 en 2016). Os datos reflicten optimismo xa que cada alaricano recicla 73,03 kg ao ano nas tres fraccións fronte aos 35,9 de media galega e os 43,3 estatal). Aínda así, Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente, facía énfase na necesidade de seguir traballando para incrementar estas cifras.