Allariz énchese de poesía e música nunha nova edición do Poemagosto. Entre o 13 e o 15 de outubro o Festival de Poesía ofrecerá unha nova proposta e reunirá a voces literarias internacionais. O elenco poético terá acentos varios, galego, portugués, castelán, catalán, euskera, asturiano, italiano, chinés e ruso.

O Festival de Poesía pretende ampliar o calendario de actividades reforzando a imaxe de Allariz como “Vila literaria”. Os poetas darán recitais polas rúas de Allariz, participarán en sesións de micro aberto. O domingo terá lugar o combate poético entre os que escriben poesía en galego.

A música será parte importante do cartel coas actuacións de Antía Otero e Yolanda Castaño e o cantauto Luis Pastor  (o venres) e os Folkólicos, a compañía do ruído e Raiba (o sábado) así como Cinta Adhesiva que, o domingo, rematará cun concerto poético coa música adaptada aos poemas de Silvia Penas.

A programación inclúe actividades para os nenos coa actuación de Peter Punk Pallaso, unha charla recital e a presentación do libro “Hermano Asno” e un xantar popular que será “o punto de referencia para xuntar poetas e público”.

Información en https://www.facebook.com/poemagosto/