O Concello de Allariz, a través da súa Área de Mocidade, organiza o Campionato Amateur de Xadrez “Allariz dá Xaque”, que terá lugar o sábado 1 de xuño a partir das 10:00 horas no Camping Hípica de Allariz.
A proposta vai máis alá da competición deportiva e preséntase como unha xornada para compartir en comunidade. O evento combinará o xadrez cunha ampla oferta de actividades complementarias, como música en directo, chocolatada, merenda e concerto, dirixidas a participantes e acompañantes de todas as idades.
A inscrición, cun custo de 10 euros, inclúe tanto a participación no torneo como o acceso ás demais actividades. O prazo para anotarse estará aberto ata o 20 de maio, enviando un correo a xadrez@allariz.gal
Con esta iniciativa, a Área de Mocidade busca fomentar o pensamento estratéxico, o lecer saudable e a convivencia interxeracional, situando o xadrez como ferramenta de encontro e participación activa.