Allariz celebra, o vindeiro 31 de decembro, a Derradeira Solidaria, unha tradicional carreira popular que transcorre polo casco histórico de Allariz e que despide o ano dun xeito solidario.

A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis, un carácter solidario. Baixo o lema “un dorsal por un kilo de comida”, a organización entregará un dorsal a todas aquelas persoas que desexen participar na carreira e aporten un kilo de comida que será destinada aos máis desfavorecidos, a través de Cáritas de Allariz. A recollida será o propio 31 de decembro antes da saída.

A Derradeira terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída na Praza Maior. Ás 16:00h sairán as persoas que a queiran realizar camiñando e ás 17:00h para as persoas que a fagan correndo.

A inscrición débese formalizar na piscina municipal (teléfono 988 442 083 – email piscina@allariz.com) indicando nome e apelidos e n.º de teléfono.

Lembramos que é obrigatorio o uso de máscara a hora da saída e sempre que non se garden as distancias obrigatorias.