Allariz celebra, o vindeiro 31 de decembro, a Derradeira Solidaria, unha tradicional carreira popular que transcorre polo casco histórico de Allariz e que despide o ano dun xeito solidario.

A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis, un carácter solidario. Baixo o lema “un dorsal por un kilo de comida”, a organización entregará un dorsal a todas aquelas persoas que desexen participar na carreira e aporten un kilo de comida que será destinada aos máis desfavorecidos, a través de Cáritas de Allariz.

A Derradeira terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída na Praza Maior ás 16:30h para os nen@s de ata 12 anos, e as 17:00h para os adult@s.

A inscrición débese formalizar na piscina municipal (teléfono 988 442 083 – email piscina@allariz.com)