Os traballadores e traballadoras municipais da Area de Medio Ambiente do Concello de Allariz, están a realizar durante todos estes días labores de desinfección dos contedores de lixo, dos 92 núcleos de poboación que hai no territorio municipal.
A maiores dos contedores, tamén se están a desinfectar as zonas comúns de transito como poden ser as inmediacións do Centro de Saúde e exteriores de supermercados, tendas de alimentación e farmacias.
Dende o Concello, lembrase á cidadanía que debe manterse nas súas casas, e saír soamente cando sexa imprescindible, para abastecerse de produtos básicos, segundo se nos indica por decreto.
Ademais recordase que debemos seguir extremando as medidas de hixiene aconselladas para evitar contaxios ao saír.
Por outro lado, dende o Concello se está a manter en todo momento o contacto cas residencias de maiores do territorio municipal para asistir en calquera necesidade que puidera presentárselles as mesmas.