O Concello de Allariz. a través da Área de Mocidade crea unha aula de estudo con acceso a internet e pon un novo estudo de gravación a disposición da xuventude.
A aula de estudo, Aula do Saber, xorde ca idea de facilitar a toda a mocidade dende os 14 anos un lugar adecuado para a actividade académica. Esta nova sala con acceso a internet, está localizada nas instalacións da casa da Mocidade e conta con mobiliario adaptado ás necesidades dos estudantes.
O seu horario de apertura será de luns a sábado de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 21:00h.
A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, destaca esta nova iniciativa coma unha máis no desexo por ofrecer servizos e seguir reforzando a a calidade de vida de Allariz, ao mesmo que espera que poda estar en funcionamento moito tempo para cubrir todas as necesidades que poidan xurdir tanto nos alumnos de bacharelato ,universidade ou ós propios opositores.
En canto ao estudo de gravación, estará a disposición de todo aquel que o precise, sempre baixo reserva en radio@allariz.gal ou no telefono 988 680 434.
O concelleiro de Mocidade Iago Santás, anima a todos aqueles que queiran gravar o seu proxecto, sexan regueifas, rap a que veñan a facelo á mocidade e a que o fagan en galego.