Hoxe pola mañá, Cristina Cid e Alberto Conde, Alcaldesa de Allariz e o concelleiro de Cultura, presentaban as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2024.
Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezarán o xoves 11 de xullo e prolongaranse ata o domingo 14 de xullo. Preto de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2024.
Actividades como teatro, música de rúa, agrupacións corais, orquestras como Trebol e o Grupo Arizona, desfile de xigantes e cabezudos, actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria, da Banda Unión Musical de Allariz o do grupo De Pé Feito, centrarán parte dos actos programados para esta edición . Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz.
A Festa deste 2024 rematará, como xa é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00h dende o Campo de Vilanova.
Así mesmo dende o 2 ao 14 de xullo comezarán os actos relixiosos na honra de San Bieito.