O Concello de Allariz abre o luns 22 de xuño as piscinas exteriores, con todas as medidas sanitarias e garantías.

As instalacións exteriores da Piscina Municipal, que contan cunha piscina grande e outro vaso máis pequeno, estarán abertas a partir do próximo luns. Os usuarios accederán por quendas, e nos poderán superar o aforo de 30 persoas na grande e de 13 na pequena.

Os usuarios do ximnasio e da piscina climatizada continuarán accedendo as instalacións con cita previa. Os aforos na piscina climatizada serán de 12 persoas por quenda, e nas salas de cardio e musculación de 6 persoas por quenda e sala. Para pedir a cita deberán chamar ao 988 442 083.

O horario das instalacións será de 09:00h ás 21:00h de luns á venres e da piscina exterior de 12:00h ás 21:00h. O fin de semana e festivos,  a piscina exterior estará aberta de 12:00h ás 20:00h.

Cámping Hípica Os Invernadeiros

O cámping Hípica  os invernadeiros abriu as súas portas este xoves 18 de xuño con todas as medidas de seguridade e cun plan de continxencia especifico contra a covid-19.

O cámping Hípica os invernadeiros Xestionado por Reatur está situado nas beiras do río Arnoia, conta cunha pequena zona de recreo  infantil ,parcelas , bungalós e unha ampla cafetería con dúas terrazas exteriores.

Ademais tamén abren as súas portas  as  instalacións da  hípica con cursos para distintos niveis e     a posibilidade de poder dar cos pequenos un paseo en poni.

“O cámping presentase coma un dos formatos máis interesantes de cara  ó viaxeiro este verán” Comentan dende a Dirección do Cámping.” Sabemos que este ano primaran as estancias ó aire libre en entornos rurais e pouco masificados , Allariz  que esta encravada dentro dunha área Reserva da Biosfera cumpre todos eses parámetros e  as instalacións do camping e o personal están preparados para recibir a todos os turistas que queiran acercarse ata aquí”.

A atención o público realizarase con todas as medidas de protección que inclúe o protocolo para cámpings tales coma, disposición de dispensadores de hidroxel, redución de aforos reforzo da desinfección e limpeza diaria. Durante a súa  estancia os clientes  deberán ser informados das medidas do plan de continxencia que lles afecten directamente e deban aplicar.

Contase coa cartelería informativa cas medidas preventivas implantadas e as pautas a seguir polos clientes. Asignaranse as parcelas  e elementos de aluguer (tales coma Bungalós) priorizando sempre aquelas que non estiveron ocupadas nas 48 horas anteriores a chegada do novo cliente.

Para máis información e reservas 988-442006 ou en reatur@allariz.com.