O rural de Allariz verá mellorada, proximamente, a súa rede viaria.  Outeiro de Torneiros, Torneiros, A Pedreira, Cioira, San Breixo, Gundiás e Pousada serán os sete núcleos que mellorarán os seus viais de acceso.

Cun orzamento que ascende a 100.000€, Misturas Obras e Servizo é a adxudicataria que acometerá as obras que inclúen novo pavimento de aglomerado en quente de 4 c de espesor.

Ademais, o Concello de Allariz levará a cabo a limpeza e acondicionamento de cunetas.