Os datos de reciclaxe en Allariz, no que vai de ano, demostran unha vez máis o compromiso dos veciños e veciñas coa recollida selectiva do lixo.
A esta alturas de 2022, os datos en relación ca recollida de vidro, incrementan a porcentaxe de reciclaxe no Concello en relación ao 2021 en 10.000kg máis, chegando aos 164,660kg recollidos ata o mes de setembro.
Namentres na recollida de envases, colector amarelo, o incremento foi de 7.040 Kg, totalizando ata o mes de setembro do ano 2022 os 129.740 Kg.
A taxa de mellora está entorno o 6% na actualidade, a falta dos datos do último trimestre do ano, o cal segue reflectindo o compromiso de veciños e veciñas e sector comercial coa aposta pola sostibilidade e o medio ambiente que dende o Concello se fomenta dende hai anos.
Os datos tamén amosan o camiño a seguir. Dende o consistorio municipal faise un chamamento a aqueles e aquelas que aínda non fan esa separación obrigatoria segundo as ordenanzas municipais de recollida de residuos sólidos urbanos, a que se sumen o proceso, xa que o futuro do planeta e de Allariz depende das acción positivas de todos e cada un de nós, resultando imprescindible o compromiso da cidadanía para manter o avance nos datos de reciclaxe, pero tamén na redución da produción de lixo. E responsabilidade de todos e todas, administración, empresas e cidadanía acadar unha taxa de residuos baixa que coide o planeta para ter un futuro.
Allariz traballa no tratamento dos residuos ou materia orgánica por diante do requisitos marcados, pero aínda queda moito camiño por percorrer, para solucionar o problema ambiental co lixo.
A sostibilidade é un proceso, non unha meta, e todas debemos por da nosa parte para tentar facer de Allariz un lugar comprometido co medio e co mantemento dos recursos naturais.