A Área de Cultura do Concello de Allariz organiza un concurso virtual de disfraces de Entroido.
Baixo o lema, Disfraces Na Rede, anímase a todos os vecinos e veciñas, que estén empadronados en Allariz, a participar no Entroido 2021 dende as súas casas.
Este ano o Entroido debe adaptarse a situación sanitaria que estamos a vivir por mor da
Covid-19 e mudar.
As categorías comprenden todas as idades repartidas en tres:
– Infantil e xuvenil individual, ata os 17 anos.
-Adulto individual, a partir de 18 anos.
– Familiar, só membros dunha unidade familiar convivinte.
As modalidades nas que podes participar son o mellor disfrace realizado con material de refugallo, o máis orixinal e divertido e a mellor Charrúa.
Os premios que se entregarán en cada categoría serán 1º premio (50€), 2º premio (40€) e un 3ºpremio (30€). Estes premios serán vales para mercar no comercio local de Allariz.
A inscrición está aberta ata o 11 de febreiro e deberás formalizala enviando un correo a cultura@allariz.gal. Nel incluirás o nome e apelidos, a data de nacemento, un teléfono de contacto, a modalidade na que te inscribes e 3 fotos disfrazad@ ou disfrazados se é unha familia.
Os gañadores daranse a coñecer o 15 de febreiro nas canles de comunicación do Concello de Allariz.
Para máis información podes consultar as bases na web www.allariz.gal/entroido, no teléfono 988 440 859 ou no correo electrónico cultura@allariz.gal.