A concellaría de Promoción Económica, Comercio e Turismo, pon en marcha a partires do día 1 de agosto, visitas guiadas polo casco histórico de Allariz todos os sábados do mes.

As vistas desenvolveranse baixo o protocolo de protección contra a covid-19. Entre as medidas coas que retomara a actividade nesta nova normalidade, inclúense a formación de grupos reducidos(máximo 20 persoas)  con toma de temperatura e uso obrigatorio da máscara. Facilitarase hidroxel antes e durante o servizo .

O percorrido partirá da oficina de turismo de Allariz as 11.30h e terá una duración aproximada de 1 hora e media, na que  percorrendo a beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz , coñecerase todo tipo de elementos culturais ,monumentais, paisaxísticos e patrimonias vencellados a  historia alaricana, con especial atención as súas prazas, igrexas, recursos turísticos , lendas e anécdotas. O Arnado , a Praza Maior , A Paneira, a Igrexa de Santiago , a rúa da Cruz e o Edificio do antigo Xulgado adoitan a ser paradas inescusables nestes itinerarios.

As rutas guiadas darán a coñecer Allariz coas máximas medidas de seguridade.

As visitas  terán lugar todos os sábados de agosto, ás 11:30 h,dende a oficina de información e turismo. A tarifa xeral será de 6 € e reducida de 3 € para parados,estudantes e xubilados, sendo de balde ata os 10 anos inclusive.  Todos aqueles interesados poden apuntarse na propia oficina de turismo, no teléfono  988442008 ou no correo informacion@allariz.com.