Allariz recibía a principios de abril, unha carta da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, na que agradecía a toda a veciñanza alaricana pola súa implicación en canto a doazóns durante o ano pasado.

Os alaricanos e alaricanas destacaron coa maior taxa de doazón de sangue da provincia de Ourense, con 373 doazóns no 2020, o que representa 60 doazóns por cada 1000 habitantes ao ano. A taxa alaricana está moi por riba das 40 doazóns por cada 1000 habitantes que marca a Organización Mundial da Saúde.

A Alcadesa de Allariz, Cristina Cid, agradece enormemente a participación da cidadanía e insta a todos e todas a continuar apoiando estas accións tan necesarias.

A próxima visita a Allariz, da Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, será o 22 de abril. A unidade móbil  localizarase como xa é costume no Campo da Barreira e o seu horario será de 09:30h ás 14:15h e de 16:00h ás 21:00h.

Recordade que hai que pedir cita no teléfono gratuíto 900 100 828.