A XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 51 concellos de toda Galicia, e participarán máis de 65 entidades como asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas e centros de ensino entre outras.
Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e a nesta duodécima edición hai novas entidades que se suman por primeira vez.
A limpeza será o 26 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias. Desprazaranse aos ríos destes 51 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
En Allariz o Centro de Educación Ambiental O Rexo realizará a coordinación da limpeza. O domingo, ás 11:00h dende a Oficina de Turismo de Allariz, todas aquelas persoas que voluntariamente se acheguen participarán en “Móllate polos ríos”.
Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Na páxina web http://proxectorios.org/limpeza/ poderás atopar todas as entidades participantes e os contactos das persoas colaboradoras deste proxecto.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Dende o Concello de Allariz, Bernardo Varela concelleiro de Medio Ambiente resalta a importancia que sempre tivo para o municipio o coidado e conservación do Rio Arnoia, así o aseveran todos os proxectos realizados en Allariz entorno o mesmo.
Dende o Proxecto Ríos recomendase que as persoas que asistan o domingo respecten as medidas e indicacións pertinentes en relación a situación da pandemia. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Lembran tamén que levar calzado axeitado para camiñar polas beiras do río e roupa cómoda.