O Concello de Allariz xunto cos concellos limítrofes da Bola, Taboadela e Vilar de Santos porán en marcha, a finais de setembro o obradoiro de emprego “Reserva da Biosfera II”.

O proxecto, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, inclúe a participación de 20 traballadores/as  dos concellos antes mencionados e debidamente inscritos no código de obradoiros na oficina de emprego correspondente.

O obradoiro levará a cabo a recuperación e posta en valor de zonas verdes nos municipios enmarcados na Área de Allariz e os participantes realizarán, durante 9 meses, labores ambientais e de mantemento.

O obradoiro capacita aos alumnos/as para obter o certificado de profesionalidade nas actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinaría.

Máis información no taboleiro de anuncios en http://allariz.sedelectronica.gal/board//

 

Promoción Económica de Allariz 988 442 210 – desenvolvemento@allariz.com