O pavillón do Instituto converterase, do 26 de decembro ao 3 de xaneiro nun gran parque de xogos para nenos e nenas de ata 12 anos con motivo dunha nova edición do Nadal Parc.

A proposta de lecer para os/as menores alaricanos/as reforza o seu atractivo cunha ampla variedade de inchables e a zona de xogos tradicionais onde, ademais, desenvolveranse diversos obradoiros de elaboración de chapas, tatuaxes e decoración de Nadal.

O NadalParc tamén acollerá o circuíto de educación viaria, os días 26, 27 e 28 de decembro, onde os nenos e nenas aprenderán como circular de xeito seguro.

O prezo da entrada será de 3€ (2€ para os/as titulares da tarxeta cidadá) e un bono para todo o Nadal de 8€ (15€ para os/as non titulares da tarxeta cidadá).