O Nadal chega a Allariz cargado de ilusión e cunha ampla programación para desfrutar en comunidade. Do 20 de decembro ao 5 de xaneiro, o Concello de Allariz convida a todo o mundo a vivir estas datas dun xeito único, cunha oferta que combina cultura, creatividade e entretemento para todas as idades.
Esta mañá, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, acompañada polos concelleiros e concelleiras de Cultura, Promoción Económica e Deportes, Alberto Conde, María López e Carlos Puga, presentaron o programa oficial de Nadal. A rexedora destacou o compromiso do Concello por ofrecer unha programación diversa, accesible e enriquecedora:
“Queremos que cada persoa atope o seu momento especial, sexa a través da música, do teatro, do deporte ou simplemente desfrutando da maxia do Nadal nas nosas rúas”.
Programación
Cultura e espectáculos para todas as idades
-
Concerto da Escola da Banda Unión Musical de Allariz
📅 Venres, 20 de decembro | 📍 Casa da Cultura | 🕗 20:00
Entrada: De balde -
Teatro infantil: “Molto Barroco”
📅 Sábado, 21 de decembro | 📍 Casa da Cultura | 🕕 18:30
Entrada:-
2 € con tarxeta de cidadanía
-
3 € sen tarxeta de cidadanía
-
-
“Cacho Animado” de Teatro Vero Rilo
📅 Xoves, 2 de xaneiro | 📍 Casa da Cultura | 🕕 18:30
Entrada:-
2 € con tarxeta de cidadanía
-
3 € sen tarxeta de cidadanía
-
Actividades infantís e creativas
-
Nadal Parc
📅 Do 26 ao 30 de decembro | 📍 Pavillón do IES -
Horario:
-
Mañás: 11:30 – 13:30
-
Tardes: 16:00 – 20:00
Entrada: -
3 € con tarxeta de cidadanía
-
4 € sen tarxeta de cidadanía
-
Bono: 12 € con tarxeta / 18 € sen tarxeta
-
-
Obradoiros temáticos de Nadal
-
📅 27 de decembro: Creación de grilandas de Nadal
-
📅 30 de decembro: Reciclaxe creativa
📍 Pavillón do IES | 🕑 11:30 – 13:30
Inscricións: -
Máximo de 40 participantes, previa inscrición na Casa da Cultura.
-
Deporte e solidariedade
-
“A Derradeira en piragua”
📅 Martes, 31 de decembro | 📍 Río Arnoia | 🕘 10:00
Inscricións: Contactar co Club Fluvial Allariz -
Carreira Popular Solidaria “A Derradeira”
📅 Martes, 31 de decembro | 📍 Saída desde a Praza Maior
Horario:-
Categorías infantís: 16:00
-
Categorías de persoas adultas: 16:30
Inscricións: na Piscina Municipal:
📞 988 442 083 | 📧 piscina@allariz.gal
Aportación solidaria: Poderase entregar alimentos non perecedoiros (cacao, legumes, azucre, etc.) o día do evento, antes da saída na Praza de Abaixo en colaboración con Cáritas Allariz. Así mesmo tamén se poderá colaborar coa asociación SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui que tamén terá un posto instalado antes da saída para que todas aquelas persoas que o desexen podan colaborar con esta asociación.
-
Maxia e tradición
-
Cabalgata de Reis
📅 Domingo, 5 de xaneiro | 📍 Da Alameda ao Pavillón do IES | 🕢 18:30
Entrada: De balde
Un Nadal para compartir
O Concello de Allariz aposta por un Nadal diferente. Ademais das actividades, nas rúas de Allariz atoparás 12 decorados de Nadal, creando unha atmosfera máxica.
Máis información:
🌐 www.allariz.gal/nadal