Hoxe pola mañá quedaba inaugurada a exposición de rúa, Produto de Allariz. Ao acto asistiron as persoas protagonistas desta exposición, artesás, produtoras e artistas acompañadas por Cristina Cid e María López. Vinte catro lonas representan nesta exposición os proxectos repartidos por todo o Concello de Allariz.
Como nos explicaba Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, “esta exposición non sería posible se Allariz non contara cunha rede importante de produtores e produtoras, con artesáns e artesás e con artistas que fan posible este Allariz que coñecemos na actualidade”.
Todos estes proxectos son froito de traballo de moitos anos de traballo, a medio e longo prazo, apostando por conservar, por traballar e por apostar por sectores tan diversos.
A exposición de rúa, produto de Allariz, está repartida por 24 puntos do casco histórico. En cada localización atoparase unha lona na que se explica cada produto, oficio ou sector ao que pertence.
“Esta mostra reflexa a potencialidade do produto e da artesanía local, produto de calidade de proximidade, que certifica a nosa autenticidade e pon en valor a calidade do mesmo”, nos explicaba María López, concelleira de Promoción Económica.
Todos estes proxectos teñen algo en común, son proxectos diferentes , singulares, repartidos por todo o concello que achegan a vida ao rural e fan medrar o territorio, achegando as nosas casas toda a riqueza e recursos que temos ao lado.
Proxectos con nome e apelidos que coidan do noso medio ambiente e nos fan chegar o mellor produto con canles de distribución moi curtas e pondo en valor toda a nosa potencialidade, fomentando a dinamización do territorio.