Allariz celebra o Nadal, dende o 17 decembro ao 8 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos.
Cristina Cid, Acaldesa de Allariz presentaba na mañá de hoxe acompañada dos concelleiros de Cultura, Alberto Conde, da área de Deportes Helena Suárez e da concelleira de Promoción Económica María López as actividades que haberá en Allariz durante o Nadal.
A veciñanza e aos/ás visitantes gozarán de concertos musicais, monólogos de humor, teatro, obradoiros e outras actividades propias destas datas como a carreira A Derradeira Solidaria que despide o ano ou a cabalgata de Reis.
A cativada terá tres citas co teatro durante este Nadal. O sábado 17 e o venres 23 de Decembro e o 8 de Xaneiro, estarán connosco na Casa da Cultura de Allariz as obras Quixote, A Tartaruga e Asemblea Xeral ás 18:00h. O domingo 18 a escola da Banda Unión Musical de Allariz celebrará un concerto pola mañá no mesmo recinto.
O venres 23 o Campo da Barreira acollerá o concerto de Son da Rúa e dos Djs Markox e Paulo Seoane todo elo a partir das 23:00h.
O pavillón do IES de Allariz acollerá de novo o Nadal Parc entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e nos obradoiros que se desenvolverán neste espazo. Algúns dos obradoiros teñen capacidade limitada polo que deberás consultar dispoñibilidade de prazas na Casa da Cultura de Allariz.
A Derradeira Solidaria celebrarase na mañá do 31 de decembro. A carreira para adultos comezará ás 11:00h e a infantil ás 11:15h, ámbalas dúas probas con saída dende a Praza Maior.
O 5 de xaneiro ás 18:30h dará comezo a Cabalgata dos Reis Magos dende a Alameda ata o Pavillón do IES de Allariz.
E o turno do humor chegará o Allariz o sábado 7 de Xaneiro da man de David Amor co seu espectáculo Love está en el aire ás 22:00h na Casa da Cultura.
E se che queda algunha dúbida podes consultar toda a info sobre o Nadal en Allariz en allariz.gal/nadal/