O Concello de Allariz, seguindo a liña de conmemoración dos 700 anos da Festa do Boi, presentará este xoves pola noite no campo dos Blancos o libro Allariz Medieval. Configuración Urbana, elaborado por Anselmo López Carreira. Unha proposta moi coidada que profundiza sobre este período en Allariz. O libro permitiranos gozar de diversos elementos documentais como o foro, e a picota entre outros, así como da configuración urbana da vila.

Na presentación farase entrega a todos os asistentes dunha copia do Foro de Allariz, outorgada por Alfonso VII fai agora 863 anos.

A cita é o vindeiro xoves día 13 no Campo dos Blancos ás 23,00 h.

 

Dito evento acompañarase da exposición de fotos e documentos relacionados polo Casco Histórico de Allariz.