O Concello de Allariz, a través da área de Mocidade, lanza unha nova edición do programa “Verán na mocidade”, unha proposta diversa de actividades culturais, deportivas e creativas pensada especialmente para mozos e mozas de entre 13 e 33 anos.
A programación desenvolverase durante os meses de xullo, agosto e setembro, cun conxunto de propostas que inclúen xogos nocturnos, obradoiros, campionatos e saídas organizadas. Aínda que todas as actividades están abertas á participación de persoas de calquera idade, no caso de límite de prazas, daráselle prioridade á mocidade.
Xogos nocturnos: aventura baixo as estrelas
-
10 de xullo – Busca do Tesouro
-
21 de agosto – Atrapa a Bandeira
Dúas noites para explorar, cooperar e divertirse cos grandes xogos organizados polas rúas e espazos do municipio.
Campionatos deportivos
A programación inclúe tres torneos para activar corpo e mente:
-
Xullo – Volei na piscina
-
Agosto – Matraquiño
-
Setembro – Billar
Saídas organizadas
Tres escapadas con experiencias únicas:
-
15 ao 17 de xullo → As Mariñas e A Coruña: Costa Doce, pádel surf e visita á Irmandade da Fala.
100 € / 80 € persoas residentes -
14 de agosto → Aquapark de Cerceda
15 € / 10 € persoas residentes -
19 ao 21 de setembro → Terra de Trevinca: berrea dos corzos, planetario e subida ao pico.
100 € / 80 € residentes
📌 Dificultade alta (por duración, non por nivel técnico)
Obradoiros creativos
-
23 de xullo – Customiza e dálle nova vida á túa roupa
-
20 de agosto – Creamos o noso propio Scape Room
-
10 de setembro – Xadrez: primeiros pasos!
Inscricións e información
As persoas interesadas deberán enviar un correo a mocidade@allariz.gal co título da actividade no asunto. Neste mesmo enderezo tamén se pode solicitar información ou resolver dúbidas.
📌 Lembramos que é necesario un mínimo de 8 persoas para realizar cada actividade.
Con este programa, o Concello de Allariz continúa a apostar por un verán activo e participativo para a mocidade.
📲 Máis información: www.allariz.gal/mocidade