Allariz celebra o Nadal, dende o 18 de decembro ao 9 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos.

As Áreas Municipais, implicadas nesta programación de 2021, presentaban na mañá de hoxe todas as actividades que dende Concello de Allariz teñen preparadas para estas festas.

As actividades irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro e actividades deportivas farán que os asistentes as mesmas gocen deste Nadal 2021.

A Casa da Cultura de Allariz acollerá varias das propostas. O sábado 18 de decembro ás 22:30h, Alberte Montes visitará a instalación municipal co seu espectáculo “Albertadas”. A entradas xa están a venda na Casa da Cultura por un custe de 3€ con tarxeta cidadá e 5€ sen tarxeta cidadá.

O domingo 19 a Banda Unión Musical de Allariz ofreceranos un concerto no patio o IES de Allariz ás 12:30h. Pola tarde haberá tarde de cinema da Casa da Cultura coa proxección de María Solinha ás 19:00h.

O xoves 23 será a quenda do cinema infantil coa película Onward ás 17:30h.

O luns27, martes 28 e xoves 30 de decembro haberá obradoiros para nenos e nenas na Casa da Cultura. Para asistir é necesario anotarse previamente.

O mércores 29 haberá “Os nosos (ilustres) instrumentos da man de Laura Romero na Casa da Cultura ás 17:30h. Para reservar entrada para este espectáculo deberá facer na Casa da Mocidade de Allariz, no correo mocidade@allariz.gal ou no 988 680 343.

Xa en Xaneiro As Súas Maxestades Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Allariz nos soportais do Pavillón do IES, como xa aconteceu no 2020, o 5 de xanerio en horario de 18:00h ás 20:00h,  controlando en todo momento as entradas e saídas ao espazo.

O venres 7 de xaneiro Sarabela Teatro chega a Allariz co seu espectáculo infantil “O secuestro da bibliotecaria”. O horario serás ás 17:30h na Casa da Cultura.

O sábado 8 de xaneiro a obra de teatro para público adulto “Divas de Divan” será a partir das 22:30h.

O domingo 9 a Capela Madrigalista dará un concerto na Igrexa de Santiago ás 19:00h.

Para os espectáculos e obradoiros, agás o do mércores 29, poderase reservar entrada ou participación na Casa da Cultura de Allariz, no correo cultura@allariz.gal ou no 988 440 859.

Por outra banda a Área de Deportes organiza coma todos os anos a Carreira Popular A Derradeira. A saída será dende a Praza Maior o día 31 de decembro ás 17:00h e a única condición para participar e que toda aquela persoa que se achegue a realizar a proba aporte alimentos non perecedoiros.

Asemade dende a Casa da Mocidade organizan o Campionato de Arume 2021 do 20 de decembro ao 6 de xaneiro. Poderase participar só ou en parella. Tamén lanzan un challenge en redes que se chama “Pala de canto”. Consiste no reto de cantos golpes a pelota de ping-pong coa pala de canto eres capaz de dar? Todo mozo ou moza que queira poderá participar subindo un video facendo o reto a Instagram e etiquetando a @mocidadeallariz.

Toda una cheas de actividades para este Nadal tan diferente que poderás consultar en allariz.gal/nadal.