O Concello de Allariz presentou  as actividades para esta tempada estival de 2021, a programación cultural.

Con máis de corenta actividades culturais e de lecer programadas para os meses de verán en Allariz, Cristina Cid e Alberto Conde presentaron na mañá onte o calendario de actividades das que imos gozar este verán.

A Cultura no verán en Allariz estará repartida por moitos dos espazos ao aire libre como son o Festival Internacional de Xardíns, o Campo dos Brancos, a Praza dos Carboeiros, O Xardín do Museo do Coiro ou o Campo de Vilanova entre outros, garantindo sempre o cumprimento das medidas de seguridade  e evitando  as aglomeracións, para que todas as persoas que se acheguen a gozar de calquera das actividades, o fagan con todas as garantías posibles.

Actividades para nenos e nenas, concertos, música, desfile de Xigantes e Cabezudos, exposicións, mercados, cine e teatro engloba a maioría das actividades as que poderás asistir este verán en Allariz.

Todas as actividades serán de balde e para as que conten con capacidade limitada deberás reservar a túa entrada na Casa da Cultura ata un día antes da actuación.