O Concello de Allariz adía o cobro dos impostos que estaban en periodo de pago cando se publicou o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo , polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID19.

Como consecuencia da última prorroga do Estado de Alarma, quedan aprazados os cobros dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e a taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2020, ata a finalización da mesma, o 24 de maio.