A recepción das SS MM Os Reis Magos en Allariz terá lugar mañá día 5 nos soportais do Pavillón do IES de Allariz.

Como xa aconteceu o ano pasado, Melchor, Gaspar e Baltasar estarán de 18:00h ás 20:00h para saudar a todas as persoas que se acheguen a velos na súa visita a Allariz.

O protocolo para acceder ao recinto será como o do ano pasado. Entrarase pola porta da rúa Entrecercas e sairase pola rúa Emilia Pardo Bazán.

Lembramos aos asistentes que deberán utilizar en todo momento máscara e gardar a distancia de seguridade de mínimo 1,5m.