A Fundación Humana Pueblo para Pueblo, organización que dende 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación ao desenvolvemento en diferentes países, recolleu 20.019kg de téxtil usado en Allariz durante o ano 2019 para darlles unha segunda vida a través da reutilización ou o reciclado. Iso representa un aumento do 5,9% respecto o ano 2018 (18.897 kg).
As prendas recollidas proceden dos catro contedores que Humana ten situados na vía pública, onde a cidadanía deposita a roupa, calzado e complementos e o téxtil de fogar que xa non utiliza para que Humana lles dea unha segunda vida. O obxectivo pasa porque a recollida selectiva de roupa usada e a súa preparación para a reutilización se consoliden como parte fundamental da xestión de residuos.
Bernardo Varela, Tenente Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente, explica que “a taxa de reciclaxe en xeral aumentou en todas as fraccións, sendo o téxtil unha das fraccións que máis incrementou o porcentaxe reciclado durante o 2019 xunto coa recollida de aceite de freiduría”.
Así ben, esta última fracción foi a que máis se viu incrementada durante o 2019 aumentando respecto ao ano 2018. De aceite de freiduría recolléndose, entre os 13 puntos habilitados con colectores para depositar estes residuos, un 6.38%. Se estes non foran depositados para a súa reciclaxe, poderían haber contaminado 3.399.000l de auga.
Para o 2020 os responsables municipais aspiran a seguir mellorando estas cifras.