Os datos deste pasado 2020 son esperanzadores no avance que se está a producir na reciclaxe de envases no Concello de Allariz.

Si ben é certo, que o mellor sería unha redución deste tipo de lixo, queremos destacar o compromiso da cidadanía en xeral e dos grandes produtores na mellora deste proceso.

O incremento de reciclaxe de envases foi durante o 2020 dun 13,6%, uns 18.700kg máis que no ano anterior. Se no 2019 se contabilizaran un total de 137.140 kg de, a subida do ano 2020 coloca a Allariz con 155.840kg de envases, latas e bricks reciclados.

Isto supuxo uns ingresos para o municipio de 44.281,02 €, cuns 6773,32€  máis que o ano 2019.  Hai que destacar este punto xa que a boa disposición cara a reciclaxe ten un dobre premio o medioambiental e o económico, máis a satisfacción persoal das cousas ben feitas.

Tamén é importante evitar a achega de impropios, lixo que non debe ir a este contedor de envases. Isto debe terse en conta a hora de reciclar. Se tes algunha dúbida poderás achegar as túas consultas ó correo medioambiente@allariz.gal .

Segundo explica Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, “Esta moito feito neste eido, pero aínda queda moito por facer. Un Allariz máis limpo é cousa de todos e de todas”.