Dende o Concello de Allariz queremos transmitir o agradecemento a tod@s aqueles veciñ@s que co seu compromiso, foron quen de conseguir que os datos de reciclaxe de envases se sigan a superar ano tras ano, isto permitiu que este pasado 2021 se recolleran 164260 Kg no contedor amárelo fronte ós 155840 Kg de 2020, o que supón un incremento de 8240 Kg un 5,4% máis anual.

Sin embargo dende a concellería de Medio Ambiente municipal segue a insistirse en que queda moito marxe de mellora e moitos envases (latas de conserva e bebidas, bricks de leite e bebidas, tapas e tapóns de plástico, metal e chapas, bandexas de aluminio, papel film e de aluminio, aerosois, botes de desodorizante, bolsas de plástico, tubos de pasta de dentes, bandexas de cortiza branca e caixas de verdura e froita,…) por reciclar. Aínda hoxe, cando levantamos a tapa do contedor verde observamos con pesar que seguen a depositarse materiais dos anteriormente citados nel, cando o amárelo se atopa xusto o seu carón. O esforzo debe ser común para que a empresa da loita polo noso entorno natural teña garantías, por elo se continuarán a facer campañas de sensibilización tanto no ámbito domiciliario como no educativo, recordando sempre a importancia da separación da fracción orgánica, a mais significativa do lixo que producimos.

Por ter un dato a reciclaxe de seis latas ou briks contrarresta a emisión de 10 minutos dun tubo de escape, ou con 40 botellas de plástico pode elaborarse un forro polar.

A recollida por habitante en Allariz situouse nos 26,5 Kg no ano 2021, fronte ós 14,5 Kg/hab e ano da media galega en 2020, un 83% por enriba, e permitiu que o Concello ingresase 45.892,34 € de pago polo material reciclado, que xunto cos 4.290 € aportados por Ecoembes para a mellora dos colectores, fixeron superar os 50.000 € de ingresos neste apartado, sendo de resaltar ademais que dende o mes de xullo a mellora na separación permitiu que se eliminaran as penalizacións por impropios. A isto debe sumárselle a cantidade que se debería pagar a SOGAMA no caso de que estes residuos tiveran rematado no contedor de rechazo.

Con todo tamén debemos facer fincapé en que o mellor residuo é o que non se xera, e polo tanto na medida en que sexa posible como sociedade (empezando por nós mesm@s) debemos tentar reducir a cantidade de envases que utilizamos, accións como o emprego de envases recuperables e reutilizables reducen máis a nosa pegada climática que a propia reciclaxe.

A mensaxe é polo tanto de esperanza e de agradecemento para todos aqueles que están a colaborar, e dar unha chamada os que aínda non o están a facer, porque a responsabilidade sobre o que está a sufrir o noso planeta e de todos e todas. E para calquera dúbida poden achegarse ó Concello ou trasladala vía correo electrónico en medioambiente@allariz.gal, onde trataremos de resolvela.