O Concello de Allariz está realizando modificacións nas zonas de almacenaxe de biomasa, zonas de aportación, dentro das illas de compostaxe comunitaria que hai instaladas en Allariz.

Na actualidade acometese a reforma e ampliación ou a creación destas zonas , en función das necesidades que se detectaron dende o Concello de Allariz. As obras de acondicionamento deste servizo, facilitarán a recollida e limpeza da biomasa, contribuíndo as tarefas de mantemento.

Tamén se modificara a sinalización dos espazo cunhas novas lonas, con imaxe renovada, na que se explicará a función de cada zona e como debemos utilizalas para o seu bo uso. Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, explica que “as obras acometidas nas zonas comunitarias sumaráselle a instalación de cámaras de videovixilancia nestas illas para que o uso sexa o correcto”.

O Servizo RE naceu en 2015 en Allariz, apostando por unha mellor xestión dos residuos, fomentando a compostaxe comunitaria e a individual. Na actualidade o número de composteiros individuais repartidos en todo o Concello de Allariz supera as 600 unidades, que xunto coa utilización dos composteiros comunitarios dan boa conta da implicación veciñal neste proxecto. Así mesmo as taxas de reciclaxe en Allariz aumentan ano a ano, segundo nos conta a Alcaldesa, Cristina Cid, “os números da taxa de reciclaxe en Allariz, demostra o éxito e bo funcionamento do servizo e afiánzao”.

Allariz é pioneira dende fai anos en materia ambiental, traballando na liña dos obxectivos da Axenda 2030.

O custe desta obra está financiado, con fondos da Reserva da Biosfera, a través dunha subvención da Consellería de Medioambiente (Fondos Next Generation), e con fondos municipais.