O Concello de Allariz ven de renovar o convenio de colaboración co Instituto de Sexoloxía de Madrid-INCISEX. A relación entre ambas entidades, que comezou o ano pasado, aposta pola convivencia entre os sexos a través do asesoramento técnico de persoal da Institución para o persoal municipal, tanto político como técnico.
A renovación do convenio contempla a realización de diferentes actividades ademais de asesoramento técnico e formación para persoal político e técnico, profesionais de servizos sociais, familias e en particular as mulleres que participan no programa Doulas Sororas en Allariz.
Outra das actividades que se levarán a cabo, enmarcadas neste convenio, será o Curso de monitores/as de Educación Sexual co obxectivo de achegar a disciplina sexolóxica a todas as persoas interesadas. O curso, que comezará en novembro, ten un total de 50 horas (40 horas presenciais e 10 horas en línea).
Máis información: fogardosmaiores@allariz.com