A Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e Pere Antentas director xeral de Vento Rede S.L empresa de rede aberta, visitaron as obras de desenvolvemento da rede de fibra óptica en Allariz.

Despois de varias reunións ca empresa que está realizando ese desenvolvemento, como ca empresa promotora do mesmo, Cristina Cid salienta a importancia deste proxecto para a veciñanza de Allariz.

Este expasión de fibra supón para a veciñanza local un salto cualitativo  importantísimo no servizo de conectividade , unha infraestrutura  moi necesaria para todos aqueles que elixen  Allariz coma o seu lugar para vivir e traballar e que conseguen que ano tras ano Allariz siga medrando en poboación.

Este proxecto facilitará o teletraballo, os estudos ou as necesidades que veciños e veciñas actuais ou futuros e empresas van a ter. Nace unha nova  posibilidade de contar cun servizo que facilitará non soamente o ocio senón poder estudar online, teletraballar,  acceder á dixitalización de empresas ou crear  de plataformas de venda online  dende un entorno como é Allariz.

Segundo Cristina Cid, a expansión da fibra é un eixe estratéxico  e vital, suporá para Allariz unha nova era , o Allariz do futuro.

Por outra banda a Alcaldesa explicaba que aínda que non está todo o despregue rematado, si que hai zonas que xa están acabadas, empezarán nos vindeiros días a posta en marcha do servizo gradualmente. Por outra banda tanto o Concello como a empresa son conscientes da casuística do municipio, que conta de 92 núcleos de poboación e intentaráselle dar solución a todas as incidencias que podan ir aparecendo segundo avancen as obras.

Por a súa banda Pere Antentas, informaba durante a comparecencia que a partir de mañá comezará a comercialización.

A empresa Vento Rede, con Rede Aberta, é un operador de infraestruturas neutra que ofrece servizo a varios operadores. Na actualidade xa están a traballar con catros operadores de Galicia, que serán os encargados de comercializar na nosa zona. Comezará esta fase de comercialización “  a túa xanela “ que   ten por obxectivo levar  a fibra óptica ás poboacións do rural.

A gran meta deste operador é superar unha nova barreira e dotar da mellor conexión posible a internet, por medio da fibra óptica as zonas principalmente do interior de Lugo e Ourense, ofrecendo o trato máis personalizado e próximo posible, ca intención de salvar as dificultades do rural, e para que o futuro sexa de oportunidades.

Segundo o director de Vento Rede, estudarase a casuística para que chegar a todo o Concello de Allariz estudando o desenvolvemento dos 92 núcleos de poboación de Allariz.