O Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz, como todas as semanas, abrirá as súas portas este sábado en horario de 10:00h a 14:00h.
O Concello de Allariz leva anos poñendo en valor a importancia do sector primario, a agricultura e a gandería, apoiando aos produtores locais, apostando pola comercialización de produtos de proximidade e de calidade.
Adaptándose ás medidas sanitarias e de hixiene que a situación require, o Mercado segue a dar o mellor servizo posible á cidadanía achegando os seus produtos de primeira necesidade que cada sábado abre as súas portas en Allariz. Neses momentos de emerxencia, o sector primario está a ser unha parte fundamental para a sociedade.