Os proxectos de eficiencia enerxética seguen o seu curso no Concello de Allariz.
Os cambios comezaban xa no exercicio anterior nunha primeira fase, onde como dicía Cristina Cid , Alcaldesa de Allariz, acometéronse as modificacións a sistema Led nas luminarias das zonas do Parque Empresarial de Roiriz, no Paseo do Portovello, no Paseo da Alameda, na Estrada de Xunqueira, ma Ponte de Vilanova, na Piscina Municipal e no núcleo de San Vitoiro.
O luns 19 de abril comezaba a segunda fase da renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior a tecnoloxía LED en Allariz.
Dentro desta segunda fase substituiranse un milleiro das luminarias totais do Concello de Allariz.
O número total ronda as 3900 unidades, das cales algunhas como xa comentou a Alcaldesa, están cambiadas no exercicio. Nesta fase substituirase esas mil iluminarías que farán que o cambio a Led no municipio se achegue ao 50%. Tamén se cambiarán 21 cadros eléctricos.
Todo este proceso conseguirá que o consumo eléctrico nas zonas con sistema led, se reduza nunha media do 50%, sendo incluso maior dependendo da zona. Cristina Cid, confía que a redución do consumo nas zonas renovadas supere ese 50%, xa que nas zonas nas que xa se fixo o cambio no exercicio anterior, verificouse esa redución.
Esta segunda fase do proxecto de eficiencia enerxética, está subvencionado polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía ( IDAE ) nun 80%. O 20% restante será aportado pola Deputación de Ourense a través do plan provincial e logo de que dende o consistorio municipal se fixera os tramites na institución provincial para acadar esa financiación.
Un total de algo máis de 372.000€ será o custe total desta segunda fase e os traballos durarán uns 45 días.
Os núcleos nos que se están acometendo as melloras foron escollidos entre o IDAE e o Concello priorizando os que tiñan un consumo máis elevado.
Cando está fase remate, permitirá que unha boa parte de Allariz estea xa co cambio a Led.
A Alcaldesa comunicaba que esta segunda fase non será a única acción sobre o proxecto de eficiencia enerxética que se vai a realizar neste exercicio. O Concello está co estudio do proxecto para ampliar o cambio das iluminarías a 5 puntos máis. Polo que con fondos municipais, o Concello contempla neste 2021 chegar a máis núcleos dos que inicialmente se proxectara.