A veciñanza de Allariz segue avanzando na separación, reutilización e reciclaxe do lixo ao longo do ano 2019.
O programa RE, posto en marcha dende a institución municipal, consolida os seus avances conquerindo unha taxa de separación do 48,06% respecto da fracción rechazo entregada a SOGAMA. Isto ponnos ás portas de conseguir o obxectivo do 50% de separación que marcaba a Unión Europea inicialmente no Horizonte 2020.
As fraccións recuperadas máis destacadas foron os envases (colector amarelo) cun incremento de 10000 kg respecto do ano 2018 o que fixo que o Concello ingresara 37.507 € no pasado ano por este concepto, acadando os 137.140 kg de envases, latas e bricks, cun incremento do 4,83% e e 22,48Kg por veciñ@.
Asimesmo no papel-cartón incrementouse nuns 10.000 kg, acadando un total entre o recollido directamente por Ecoembes máis o porta a porta municipal que supera os 149.000 kg de papel-cartón.
O vidro mantívose en cifras do ano anterior. Acadando os 33,93 Kg/veciñ@ ano, cando a media provincial é de 15,58 Kg.
A roupa reciclada subiu un 5,9% chegando a superarse os 20.000 kg de roupa nos contedores instalados nas rúas para este fin.
E por suposto o incremento máis significativo atopámolo na fracción Materia Orgánica, os restos de comida e podas que con 347.990 Kg supón un incremento do 5,49% fronte ó 2018, uns 18.000 Kg máis, grazas os novos composteiros individuais repartidos e á incorporación á compostaxe comunitaria de veciños, veciñas e grandes productores da Vila e o Parque Empresarial.
Esto supuxo ó tempo unha reducción de 50.000 Kg na fracción resto entregada a SOGAMA.
A grandes rasgos os datos confirman que o camiño emprendido en Allariz é o correcto para acadar os obxectivos de redución da produción de lixo, aínda que queda un treito moi importante por percorrer e sería fundamental tomar medidas de redución nas cadeas de produción e venda. Xa que en moitos casos a concienciación cidadá non vai acompañada de accións que acompañen o esforzo das familias.
Dende Concello continuaranse a traballar na mesma liña, facendo campañas de sensibilización e promovendo accións de reforzo para facilitar a recuperación do lixo xerado. Entre outras o reparto de 100 composteiros familiares para as casas que dispoñan de parcelas.