Comezan os preparativos para a segunda edición do Festival RiЯ (International Comedy Shortfilm Festival) onde o público gozará dunha selección internacional de curtametraxes de comedia, que irán acompañadas de diversas actividades polas prazas e rúas de Allariz.

Xa está aberto o prazo de inscrición para as curtas ata o vindeiro domingo día 30 de Xuño. Bases en http://festivalrir.com/bases/

A edición de 2019 dará comezo o mércores día 4 de Setembro, ata o domingo día 8 e estará dedicada a un imprescindible do humor coma foi o precursor Buster Keaton, dado o éxito da pasada edición, onde se rendeu homenaxe á figura de Charles Chaplin e que moitos cativos se achegaron a descubrir.