O Concello de Allariz quere remodelar e por en valor para uso turístico o edificio do CIMA e o seu entorno e o edificio do museo Galego do Xoguete. Para este fin concorre á convocatoria de axudas do Ministerio de Industria Comercio e Turismo dentro do programa de mellora da competitividade da dinamización do patrimonio histórico con uso turístico. A cantidade solicitada ascende a 2.946.072 € divididas en dúas actuacións e o obxectivo é modernizar,facer máis eficiente e totalmente accesible os edificios para que podan ser visitados e coñecidos por todos.

O casco histórico de Allariz, dentro do cal e atopan estas dúas edificacións foi declarado Conxunto Histórico Artístico no ano 1971.

As actuacións no Museo do Xoguete, antiga sede do xulgado e edificio de excelente cantería ,de tres plantas e soberbia composición con numerosos elementos de interese arquitectónico e un espazo axardinado propio na parte interior buscan a rehabilitación, mellora e ampliación do edificio. Un equipamento cultural de gran relevancia en Allariz,pero que presenta problemas. Con esta intervención potenciarase o seu valor patrimonial e a capacidade do museo para albergar e presentar as coleccións, ao tempo que se mellora o posicionamento de Allariz coma destino turístico.

As acción concretas que a actuación pretende realizar son:
Conservación da esencia do edificio,solucionar as deficiencias estruturais, ampliar a superficie de exposición do museo e dotar ao edificio dunha correcta accesibilidade.

A segunda actuación é o “Museo aberto do Castelo_Centro de interpretación medieval de Allariz” (CIMA).
A proposta de intervención basease na rehabilitación de tres inmobles contiguos situados baixo o monte de “O Castelo”como sede para o Centro de Interpretación Medieval de Allariz (CIMA), e a recuperación e consolidación dun percorrido de camiños e sendeiros que se corresponden co trazado orixinal dos aneis defensivos do castelo hoxe desaparecidos, pasando polo “Campo dos Brancos” localización do antigo mercado, ata chegar ao barrio do “Socastelo”, antiga xudería na época alto medieval.

A rehabilitación basearase en facer compatible a recuperación e posta en valor das estruturas existentes, sen cambios de volume nin aspecto exterior, coa articulación dun espazo expositivo de funcionamento claro e que permita dotar ao museo de contidos de calidade que podan ir cambiando e actualizándose co tempo.