O  Concello de Allariz, como parte da Rede de Cidades pola  Agroecoloxía, reclama unha aposta pola produción local e sostible ante a crise do  COVID19.
Varios consistorios a nivel nacional, entre os que se atopa Allariz,  fan un chamado ás administracións públicas para protexer as producións agroalimentarias locais, as canles de distribución de proximidade, e os tecidos cidadáns e comunitarios que están a permitir levar alimentos a quen máis os necesitan.
A campaña #AlimentaciónEsSalud lembra que coidar a alimentación e as políticas alimentarias son claves esenciais para coidar de forma integral a saúde das persoas e o medio ambiente.
A Rede de Cidades pola  Agroecoloxía lanzou un comunicado este mércores  onde se reclama o reforzo e a protección dos tecidos agroalimentarios locais e sostibles para adiantar a reconstrución que haberá que afrontar tras a crise do  COVID19. Segundo advirte no seu comunicado, a crise sanitaria pon de relevo a importancia dunha alimentación saudable, sostible e local como estratexia de saúde preventiva e como unha das prioridades para atender.
Os máis de 20 consistorios que conforman a Rede, apostan deste xeito por fortalecer e protexer as producións agroalimentarias sostibles como a agricultura familiar, ecolóxica, elaboración artesanal de alimentos, a gandería extensiva e a pesca artesanal e sostible, que xogan un papel fundamental á hora de garantir un abastecemento alimentario saudable, accesible en prezo e respectuoso co medio ambiente. Por iso fan un chamado ás administracións públicas para instaurar medidas como unha compra pública responsable que fortaleza a produción e distribución locais para abastecer a grupos sociais vulnerables.

Consulta aquí o manifesto  Comunicado RCxAe COVID19