Allariz está a tomar todas as medidas contra o Coronavirus Covid-19. O venres 13 de marzo, o Concello de Allariz publicou un bando municipal, cunha ampliación o domingo 15 de marzo, no que se recollen todas as medidas que se aprobaron debido a esta emerxencia sanitaria que estamos a vivir.

Dende o Concello de Allariz, reestrutúrase a atención ao publico . A atención ao publico na Casa do Concello, realizase vía telefónica no 988 440 001, por correo electrónico administracion@allariz.com ou ben a través da Sede Electrónica para os trámites urxentes.

A Área de Servizos Sociais a maiores da xestión dos seus servizos habituais, está a coordinar a atención ás persoas maiores que se atopan soas, ás persoas que teñen mobilidade reducida e ás persoas vulnerables en situación de risco a a través da atención telefónica no 988 554 059 en horario de mañá de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 18:00h ou no correo electrónico fogardosmaiores@allariz.com.

A Policía Local de Allariz está a apelar a cidadanía para que se quede na casa como así se nos indicou dende que se declarou o estado de emerxencia sanitaria.

A maiores do que xa fan habitualmente, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Allariz este días están a de repartir alimentos e medicinas en coordinación con Servizos Socias para que toda a poboación este o mellor atendida posible.

O Xulgado de Paz e Rexistro Civil de Allariz en base a Resolución de 15 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza prestará servizos mínimos esencias como inscricións de nacementos e expedición de licenzas de enterramento.

O Concello está a informar de todas modificacións de tramites como as Oficinas de Emprego e os servizos de Orientación Laboral, que pechan ao público pero ofrecen a cidadanía atención telefónica e telemática para os trámites urxentes.

Dende o Concello habilitouse unha páxina web, www.allariz.gal/covid19/, na que a cidadanía pode consultar toda esta información, ademais de atopar teléfonos de interese e demais recomendacións.