O humor en curtametraxes será de novo protagonista en Allariz coa celebración da segunda edición do Festival RIR entre os días 4 e 8 de setembro.

Zinemusik e EScenaSonora coa colaboración do Concello de Allariz organizan o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia, un evento no que os espectadores poderán gozar da proxección dunha selección de curtas de humor procedentes de diferentes países así como doutras actividades paralelas que incluirán espectáculos infantís, teatro de rúa, música e obradoiros.

No eido cinematográfico, ademais do ciclo de curtas de animación, ficción e documental a competición e que serán desveladas pola organización o vindeiro día 15 de agosto e  o ciclo dedicado a Buster Keton como protagonista desta edición, o festival ofrece a estrea mundial da web serie Válgame Deus de Rubén Rodríguez e, no apartado do Festival Amigo  o convidado será ao FIC Via ZIV de Verín.

Máis sorpresas e personaxes convidados serán desvelados proximamente na web e nas redes do Festival RIR.