Unha das novidades da programación da Semana Santa ao Vivo, en Allariz, é a visita dun grupo de pintores e pintoras e debuxantes do movemento Urban Sketchers de Ourense.

Profesionais e afeccionados amantes da pintura daranse cita en Allariz, o domingo 21 de abril, no maratón de bocetos do Casco Histórico para plasmar, nos seus cadernos, algúns dos recunchos máis senlleiros da vila.

O encontro, ao que están convidadas todas as persoas que o desexen para compartir técnicas,  comezara ás 10:30h no Monte do Castelo de Allariz. A mediodía trasladaranse ata o centro, na Praza dos Mesóns e o Portelo, e pola tarde irán ao parque do Portovello, á beira do Arnoia. As obras resultantes serán expostas en Allariz.