O Fogar dos Maiores de Allariz está a organizar actividades para as persoas maiores, e non tan maiores que queiran participar.

A oferta para estes próximos meses de marzo, abril e maio, engloban diferentes actividades as que se poderán anotar no Fogar dos Maiores de Allariz, no correo electrónico fogardoismaiores@allariz.gal ou no teléfono 988 554 059.

As intalacións municipais de Servizos Sociais de Allariz, Fogar dos Maiores, acollen clases de canto, ximnasia terapéutica, clases na que poderán aprender a usar un móbil e estimulación cognitiva. Tamén nesta programación poderás atopar obradoiro de creatividade e arte. Todas estas actvidades levaranse a cabo de luns a venres en distintos horarios.

Outra das actividades que se realiza é a de Ven airear! En compañía, na que as persoas que se acheguen poderán compartir as súas vivencias cos demais e reunirse en grupos reducidos os xoves cada quince días.

Así mesmo, estase a organizar a nova proposta de Sendeirismo Cultural que o que pretende é fomentar a actividade física ao aire libre dun xeito lúcido, coñecendo a contorna que nos rodea en Allariz, tanto patrimonial, cultural e natural.

Para máis información sobre as actividades ou para anotarse en calquera delas poderás solicitala no Fogar dos Maiores de Allariz, no Campo da Barreira 3.