Este 2021 cumpriuse o X aniversario do inicio das escavacións na Cibdá de Armea. A Universidade de Vigo e o Concello de Allariz realizaron múltiples actos para celebrar esta data. Como peche destas mañá venres presentarase o libro que o conmemora.

O venres 17, o salón do Fogar do Maiores en Allariz acollerá a charla coloquio sobre os 10 anos de escavacións en Armea.

Constará de varias partes esta reunión, que está programada para celebrarse entre ás 18:00h e as 20:30h.

O programa consta de varias quendas. A primeira intervención será a de Adolfo Fernández Fernández e Fermín Pérez Losada na que tocarán o devir do proxecto dende os seu comezo ata a actualidade.

A continuación Marta Lago Cerviño, directora de conservación-restauración do Proxecto Armea da Uvigo acompañada polas persoas que participan neste proxecto, explicará como en 10 anos de escavacións Armea pasou de castro a Cibdá e máis curiosidades sobre a conservación e musealización das pezas atopadas.

Ás 19:00h presentarase o libro “Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural”, no que intervirán Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, Luz Doporto representante da Deputación de Ourense, Marta Lago Cerviño e María López, concelleira de Promoción Económica de Allariz.

Para finalizar esta xuntanza, ás 19:30h, Martiño Xosé Vázquez Mato moderará a mesa redonda na que se tratará o presente e o futuro do “Proxecto Armea”.