Máis de 40 nenos e nenas participan, dende o pasado luns, no programa Concilia Verán de Allariz. Un programa axuda ás familias alaricanas á conciliar a vida laboral coas vacacións de verán dos máis pequen@s.

O Concilia Verán é unha iniciativa lúdica de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais, residentes en Allariz, a posibilidade de que os seus fillos e fillas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán sendas actividades. Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijóo, durante os meses de xullo e agosto.