A Área de Promoción Económica informa que debido a predición meteorolóxica para o domingo 11 de setembro, toma a decisión de cancelar o Mercado de Artesanía “Arte de Man 2022”.
Dentro do Mercado de artesanía estaba previsto que houbese postos de diferentes artesáns, obradoiros, actividades, música de rúa, pintura ao vivo, así como demostracións en directo dos oficios etc… o evento queda cancelado por mor das inclemencias meteorolóxicas que os modelos amosan de cara o domingo, no que a predición indica que choverá .