O casco histórico de Allariz acolle este domingo, 9 de setembro, unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”. A cita, reunirá a un total de 30 artesáns e artesás galegos/as terá lugar na Praza Maior e Praza de Abaixo en horario ininterrompido de 11:00h a 20:00h.

Arte, deseño, artesanía e tendencia definen esta edición de Arte de Man que ofrece e exposición e venda de distintas disciplinas artesas tradicionais como a pintura, escultura en pedra, cerámica, coiro  ou gravado entre outras, coas máis innovadoras artes en decoración, téxtil ou xoiería.

A xornada completarase con varios obradoiros gratuítos e para todos os públicos de cestería, encadernación ou encaixe de palillos. Ademais, Vaia Cara Caricatura participará elaborando caricaturas en vivo.