O Concello de Allariz, a través da súa area de Deportes, pon a disposición da cidadanía a lista de actividades deportivas para a tempada 2023/2024.
Como xa é habitual, no mes de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas actividades deportivas para a tempada tanto para persoas adultas como para os máis pequenos e pequenas.
Os nenos e nenas contarán cunha unha ampla variedade de actividades deportivas nas que se inclúe o fútbol e baloncesto, así como piragüismo, natación e equitación. De cara outubro organizaranse as escolas pre-deportivas para os/as máis cativos/as.
No referente as escolas de fútbol e baloncesto, os nenos e nenas interesados/as deberán informarse e inscribirse no club correspondente, fútbol no CD. Allariz, no Seixo,e para Baloncesto no Pavillón municipal a través do CB. Allariz. En canto a piragüismo será o Club Fluvial Allariz e a actividade de Equitación na Hípica de Allariz.
Como en anos anteriores no Complexo Deportivo de Vilanova impartiranse para persoas abonadas cursos de natación (iniciación e perfeccionamento para nenos/as e persoas adultas), aquagym, Ioga, pilates, zumba e adestramento funcional para adultos.
A lista de espera para clases de Ioga na quenda de mañá xa está aberta, e os primeiros grupos comezarán en setembro. A partir do 1 de setembro abrirase a lista de espera para ioga para quenda de tarde, e resto de actividades de natación e ximnasio. Esta quenda de tarde iniciará as clases no mes de outubro.
O comenzo das actividades de ximnasio (pilates, zumba, adestramento funcional ), estarán supeditadas o remate das obras de mellora da instalación que se van a acometer.
Podes solicitar información ou facer a inscrición das actividades na Piscina Municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo piscina@allariz.gal.